jueves, 2 de febrero de 2017

Tertulia literaria na Axencia de Lectura de Meiro (Bueu)


A escritora Inma López Silva conversará sobre o seu último libro o 23 de febreiro ás 20 horas na Axencia de Lectura de Meiro. Achégate!

lunes, 21 de noviembre de 2016

Mircrorrelato gañador XIV Certame Microrrelatos Lonxa Literaria

 
O ladrón de soños



Subín ó eirado da biblioteca pra me deleitar coas vistas: a dereita, máis aló dos arrabaldes, a chaira; de fronte, a praia co illote do Demo e o mar embravecido; ás miñas costas os bastos prados da cooperativa, e ao sur a serra do Mangoiro e os seus penedos facendo equilibrios nos cumios. Ata se vía pratear a fervenza do río Pequeno. Era día de feira e abaixo, na rúa, o tráfico e a xente parecían formigas rebulindo dun lado para outro. Mergullado na paisaxe e nas miñas lideiras, achegouse onda min un vello que, tralo saúdo de cortesía e un breve interrogatorio: que fas por aquí, de onde ves, entón tí de quen ves sendo... contoume que era músico, e faloume dun forasteiro que estivera na vila hai moito tempo, un descoñecido que por un recadeiro achegáralle unha moeda de ouro para que fora onda el. E iso fixera. Non tiña nada que perder, pensara. E pensara mal. Xa que perdera, e moito. Aquel estranxeiro roubáralle os soños, e todo por unha moeda de ouro! Dende aquela non volvera facer música. Dicía que sen soños non hai imaxinación e sen imaxinación non hai fantasía, nin música, nin contos, nin nada. Non sei o tempo que pasei cismanado niso. Xa era tarde, estaba só e aparvado, como se acabara de espertar dun sono. Freguei os ollos, botei unha última ollada darredor e baixei. Asemade atopei no chan unha moeda dourada e soou o móbil: número “descoñecido”. Casualidade? non sei, pode. Pero por se acaso, nin moeda nin chamada. Lisquei dalí.
 
Susana Villamor Prieto

martes, 15 de noviembre de 2016

Aprazamos a tertulia con Diego Giráldez

Cambios imprevistos na axenda dalgúns invitados principais obrígannos a aprazar a celebración da tertulia sobre o libro de relatos "Galería de saldos", prevista para o venres 18 de novembro, ata novo aviso.

Desculpade as molestias

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Próxima tertulia literaria: Galería de saldos (18 de novembro)


Xa temos fixada a vindeira tertulia para o 18 de novembro con Diego Giráldez. O libro é Galería de saldos. É narrativa e está editado en Xerais. 
O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Moaña (Quintela) a partir das 21:00 horas

martes, 6 de septiembre de 2016

Próxima tertulia literaria






 Querido H.P. Lovecraft, de Antonio M. Fraga Allegue


Será o 30 de setembro a partir das 21:00 horas na Biblioteca Pública de Moaña (Quintela)

Contaremos coa presenza do autor, coma sempre...